Onde nacen as hedras, de Ana Varela

Programa: 
Club de lectura
Ana Varela, Henrique Sanfiz, Esther Val, Andrés C.M.Riveira e Tatty Lavandeira

Varela declara o seu gosto pola poesía de Ismael Ramos, Dores Tembrás e Antía Otero aínda que precisa: “Hai que fuxir algo das novidades, porque deixamos a moitos libros polo camiño e na literatura galega existiron escritores e obras de moito valor”.
Quizais a vida sexa unha loita contra o tempo. A reflexión xurde da lectura de “Onde nacen as hedras”, o libro de Ana Varela que comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Contamos para iso con Esther Val, Andrés C.M. Ribeira, Tatty Lavandeira e Ana Varela. O volume resultou galardoado na sexta convocatoria do premio Gonzalo López Abente. Publícao Xerais.