Os dez animais. Antón Cortizas

Programa: 
Club de lectura

Os dez animais é unha historia que marca un camiño onde os máis importantes son os animais máis pequeniños. O seu escritor, Antón Cortizas define este libro como “unha metáfora” na que a ilustradora Lidia Nokonoko gozou dun amplo espazo e liberdade para deixar voar a súa imaxinación e dotar aos animais de elementos propios dos humanos. “Sen ilustracións sería a páxina doutro libro calquera”, asegura Antón Cortizas sobre esta obra moi didáctica e divertida con presenza da poesía e que analizamos no clube de lectura de Radiofusión.