Os mestres mortos daquel verán. Narciso de Gabriel

Programa: 
Club de lectura

“Quixen facer unha homenaxe a esta xeración desgraciadamente perdida porque nese momento o maxisterio tiña unha enorme influencia na xente”, asegura Narciso de Gabriel. Dez homes e dúas mulleres protagonizan o libro Os mestres mortos daquel verán do catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. De Gabriel Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). É autor de diversos traballos de investigación publicados en revistas e libros individuais e colectivos. Os seus dous últimos libros son 25 anos da UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol (2015) e Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019). Recibiu os premios María Barbeito, Losada Diéguez. Concepción Arenal e da Crítica. Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.