Os paxaros e outros poemas. Daniel Salgado

Programa: 
Club de lectura
Daniel Salgado en Radio Fene. Fotografia: Xan Xe Corral

A sensación de inmobilidade é un dos principais ángulos do libro de Salgado. Sobre este volume, escoitamos a conversa no clube de lectura de A Fenestra de Radio Fene Radiofusión. Participaron Ana Varela, Esther Val, Andrés C.M.Riveira, Henrique Sanfiz e o escritor.  “Os paxaros e outros poemas” recollen unha certa tensión entre o natural, a materia que continua inmutable, sobrevive impasible e as convulsións da sociedade. A madeira apodrece pero a dominación continua polos séculos dos séculos. A existencia humana cambia e a natureza as veces parécenos que non cambia, segundo o literato.
Neruda, Maiakovski, César Vallejo e Celso Emilio Ferreiro foron algúns dos poetas aos que seguiu moito na súa xuventude Daniel. A tensión entre o social e o natural, entre a historia e a natureza aparecen nos seus poemas. Son os paxaros que se ven nas cidades, que marchan e volven.
Ábrese este poemario cunha oración, unha oración que da unidade aos textos, que é unha sorte de fiestra da que observamos intentando interpretar as circunstancias do que nos rodea, a materia que nos sobrevive,o asombro na ollada, pero tamén aparece a busca da xustiza. Dános a sensación de que o observador, non chega a comprender e descifrar os sinais, afirma Ana Varela. 

 

 

Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Fotografía: Xan Xe Corral