Para chocos Redondela

Programa: 
Comer en Galicia

A asociación Os Tadetas organiza unha excursión á Festa do Choco de Redondela para o domingo doce de maio. O prezo incluindo o xantar ascende a 25 euros. Como opcional incluese unha visita á illa de San Simón con lancha adaptada para persoas con escasa mobilidade. O autobus sairá o domingo 12 de maio ás nove da mañá de San Valentín, parando na Casa do Concello. Pódense realizar as reservas na Escola de Fonte do Campo os venres 27 de abril e 4 de maio de once a doce da mañá. Tamén diante de calquera directivo dos Tadetas.