Para despertar o interese

Programa: 
Vilanova

Un dos métodos pedagóxicos máis en auxe na actualidade é o do californiano Larry Rosenstock. Recibiu o premio ao mellor profesor do mundo do 2019. As súas escolas californianas High Tech High (HTH) son referente mundial na educación pública de calidade. O experto pedagogo empregouse como carpinteiro para pagarse os estudos de Dereito e logo abriu unha serie de escolas en contextos desfavorecidos por encargo do departamento de Educación de Estados Unidos e con financiamento de Bill Gates. Predica o 'aprender facendo', pero non abomina dos deberes. Utiliza a metodoloxia da aprendizaxe baseada en proxectos. A partir dos intereses e iniciativas da rapazada, desenvolven traballos que lles permiten adquirir coñecementos, habilidades e actitudes que esixe o curriculum. O 85% das HTH vai á universidade.

O psicólogo e licenciado en Ciencias do Deporte José Barcia Tuccelli falou destes asuntos no espazo Vilanova de Radio Fene.