ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A Foucellas encantáballe o fútbol, gustáballe ir a Riazor a ver ao Depor" afirma o cantautor Xosé Constenla que presenta o libro- disco "Para nunca esquecer" incluíndo temas adicados á memoria histórica. É o seu sétimo traballo e incorpora cinco cancións. "O disco Cantata de Santa María de Iquique de Quilapayún, agochaba unha historia de bos e malos. De heroes e viláns. De vítimas e verdugos. De explotadores e explotados". Afírmao así Noel Feans no prólogo deste "artefacto cultural". "A violencia extrema era considerada a vía principal para reducir canto antes ao inimigo; a un inimigo coñecido e perfectamente definido" indica a historiadora Alba Garrido na súa colaboración denominada "Lugares do esquecemento, lugares da memoria".
Imaxe: Fotografía Xan Xe
Conversa co cantautor Xosé Constenla:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/010724CONSTENLA.mp3