A parte fácil. Ismael Ramos

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos. A súa imaxinación conxuga ironía e morriña. “Gústame ser un narrador temerario, dar volantazos nos relatos” afirma o escritor: “Para min, ,o conto é unha procura, vivo obsesionado polos finais. Nunca quixen renunciar á trama, pero o importante é o que non se di”. “Os relatos son como unha parella que rompe sen que houbera unha gran discusión previa. Todo o mundo di: E non lles  pasou nada pero en realidade ao mellor había moito tempo que viñan pasando cousas” apunta Ramos con humor.  Ismael Ramos naceu en Mazaricos  en 1994. É autor de poemarios como Os fillos da fame (XVII Premio Johán Carballeira de Poesía), Lumes (Apiario, 2017) e  Lixeiro (Xerais, 2021). Conta con traducións ao castelán, catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués.

Fotografía: Xan Xe
Escoita aquí ao escritor Ismael Ramos
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/050423RAMOS.mp3