ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xoán Rubia lembrou en Radio Fene como se produciron os seus primeiros achegamentos ao mundo da música: cantando coa súa nai, coas clases de piano que lle impartía a súa veciña de Mugardos Acacia Valera e nos festivais do Instituto.
"Andrés Dobarro levábase mal con Voces Ceibes. Dobarro dende Ferrol, Mugardos, A Coruña non sería Andrés Dobarro se non tivera o apoio de Juan Pardo en Madrid. Con catro temas en galego, foi número un de vendas en España" afirma o intérprete. Para Xoán Rubia, todos eran compatíbeis, había sitios para todos os estilos desde a canción galega.
"Non nos podemos esquecer tampouco dos Tamara. Antes do Movemento da Nova Canción Galega, xa Pucho Boedo e os compañeiros de Noia cantaron en galego en plena ditadura" indica Rubia. O libro de Xoán Rubia “Pasaba por alí e quedei un intre" relatando o paso do intérprete mugardés pola música galega preséntase este venres en Ferrol.