ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Manter un oficio vinculado a un territorio de forma sostible. Esta é a filosofía de Atalanta Madeira na Estrada. Isabel Neira é a única torneira en activo en Galicia. A súa creatividade e tenacidade permitíronlle abrir un espazo nun universo dominado por homes. Esta emprendedora quixo manter viva esta tradición familiar apostando ademais pola sostenibilidade e facendo uso da madeira de bidueiro. “Optamos por cambiar o material en lugar de empregar madeira de Piñeiro que é unha das máis usadas na menaxe recuperamos a madeira de bidueiro que estaba bastante abandonada. A madeira é un material nobre e reutilizable. Ten moitas bondades das que podemos facer un bo uso”, afirma en Onda ODS esta torneira, todo un exemplo de constancia, curiosidade e traballo.