Premio á innovación e diminución do consumo. Onda Climática

Programa: 
Onda ODS

Invernadoiro 4.0, desenvolvido polo IES Fene, foi o proxecto gañador do premio de Innovación 2022 da Consellería de Educación. O alumnado deste centro deseñou unha ferramenta para monitoraxe e control dun invernadoiro eficiente para diferentes cultivos. A iniciativa parte da estrutura do invernadoiro e inclúe a instalación da rega, redución do consumo de enerxía e emprego de fontes renovábeis.