Proxecto RER

Programa: 
Onda ODS

Non debemos botar ao ao lixo aquilo que xa non precisemos. Moitos deses elementos merecen unha segunda oportunidade e moitas persoas están dispostas a ofrecerlla. Así o demostra o Proxecto RER (recollida e recuperación) nacido en Allariz e único en Galicia. Grazas á posta en marcha deste proxecto, a mentalidade da poboación está a mudar. As redes sociais énchense de fotografías deses produtos antes abandonados e que agora locen de novo en moitos fogares. Pezas de electrodomésticos, coches para bebés, antigüidades, téxtiles, máquinas de ximnasio, materiais de construción. Calquera persoa pode facer un novo uso do que nos atopamos no Polígono de Chorente, tal e como explica en Onda ODS, Miguel López, responsable de este proxecto.