Quérote canto. Eva Veiga e Baldo Ramos

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Baldo propúxolle a Eva recluírse nun cenobio un período de tempo para escribir a catro mans un libro. Hospedáronse durante tres dias no mosteiro de Oseira. Cada un na súa cela e en ningún momento se contaron nada do que estaban a escribir. Víanse no almorzo, no xantar e na cea pero non mentaban en ningún momento os camiños por onde circulaba a escrita. Ao rematar a estancia en Oseira e chegar á casa, non tocaron os poemas. Deixáronnos levedar e os intercambiaron despois dun prazo de tempo. Ámbolos dous quedaron sorprendidos porque era como se os escribira a mesma persoa. O pardal, a andoriña, o silencio do mosteiro aparecen nos versos de Eva e Baldo. "Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que atoparon como a poesía é un territorio común, onde antes había "feeling" pero non unha relación moi íntima" explica Eva Veiga. 

A poesía que encontramos neste libro de case dúascentas páxinas está carga de significados densos e de reflexións que son un convite constante a navegar por un mundo poético cargado dun profundo intimismo. Facer no escuro un pequeno lume. O verso fala da soidade, do que non logramos ser e do que somos realmente.  A imaxe poética é o contacto de duas almas encantadas de falaren. A poesía é un territorio común pero tamén é esa maneira que temos de comunicarnos co noso espírito, co máis íntimo que temos. Encontrámonos na imaxe poética, na metáfora, no momento no que podemos contactar. Quédanos, facer dentro un pequeno lume, para quecernos a nós mesmos. Entón será posible poder quentar aos demais, atopar a felicidade, a harmonía coa vida.