Que é ser cidadán europeo?

Programa: 
Conexión Europa

Neste episodio de Conexión Europa falamos de cidadanía europea, dereitos, oportunidades e valores democráticos, analizando como a integración europea ha ampliado as posibilidades de estudar, traballar, viaxar e participar nun espazo común de liberdade e cooperación.

Conversamos con Marycruz Arcos Vargas, profesora titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Sevilla, directora do Centro de Documentación Europea e de Europe Direct Sevilla, quen reflexiona sobre o significado da cidadanía europea e o papel da Unión Europea na defensa dos dereitos, a democracia e a participación cidadá.

Coñeceremos tamén como dende o asociacionismo podemos fomentar a participación e o coñecemento de Europa. Coñeceremos unha organización comprometida coa promoción dos valores europeos e a cidadanía activa, especialmente orientada á xuventude galega. 

Este é o caso da Asociación Xuvenil Bregal, a través da conversa con Óscar Fernández, Presidente e xestor de proxectos coñeceremos o traballo desta entidade cuxo obxectivo principal é a promoción de experiencias de voluntariado e actividades de educación non formal no marco do programa Erasmus+.  

Dous exemplos que mostran como Europa non só impulsa políticas e proxectos, senón tamén unha cidadanía máis informada, participativa e comprometida.

Porque Europa non é só unha institución: tamén é un conxunto de dereitos, oportunidades e valores que forman parte da nosa vida diaria.