ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Andrea Maceiras presenta esta semana no espazo literario do programa A Fenestra, o novela “Que me pare o corazón se te esquezo”, que recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, instituído pola Deputación da Coruña. Pódena escoitala no Club de Lectura deste venres, pero xa lles adiantamos que na entrevista falará tamén de outros temas. O feminismo “un valor esencial, presente, aínda que non sexa de maneira explícita, en todas as miñas obras”. O papel da Literatura “unha das grandes preguntas que nos facemos autores e lectores, para min serve para darlle sentido á realidade”. A Literatura infantil e xuvenil “a máis importante de todas, os textos que máis me marcaron, esas historias primeiras son as que máis pegada me deixaron na miña configuración lectora”. Á hora de escribir “a forma na que eu a abordo é sobre todo respectuosa, eu non quero estar por riba do lector, quero estar ao seu lado, como unha igual, mirando aos ollos dese moi preto ”.
Escoita aquí a Andrea Maceiras falando do seu libro "Que me pare o corazón se te esquezo"
http://173.255.131.18/audio/281022MACEIRAS.mp3