Receitas para cociñar o ar. Pepablo Patinho

Programa: 
Club de lectura

“Eu creo que o libro é un tesouro. A lectura estase a perder entre os nenos e as nenas”, lamenta Pepablo Patinho. “Dentro dos libros hai moita aventura e sabedoría. Hai escritores que viaxaron por todo o mundo dentro da literatura sen saír da casa. Iso paréceme fascinante. Eu aínda son dos que me gusta ter na casa unha biblioteca”, afirma o autor de ‘Receitas para cociñar o ar’ co que falamos no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

Fotografía: Xan Xe.