Reinventar a viaxe: cando o turismo é innovación

Programa: 
Conexión Europa

O turismo é un dos sectores estratéxicos da economía europea pero afronta o reto de evolucionar cara a modelos máis sostibles, innovadores e adaptados non só ás necesidades dos visitantes senón tamén das comunidades locais. Neste contexto, o turismo intelixente consolídase como unha ferramenta clave para aproveitar as novas tecnoloxías, mellorar a xestión dos destinos e ofrecer experiencias de maior calidade.

Para afondar neste modelo de desenvolvemento, conversaremos con Josep Antoni Ivars, referente no ámbito da planificación turística e os destinos intelixentes, con quen analizaremos os principais retos e oportunidades que presenta a dixitalización do sector e o papel que pode xogar Europa nesta transformación.

Coñeceremos o significado do termo “Turismo azul” na conversa que mantivemos con Carmen Fabregat Nodar arquitecta, socióloga e investigadora e Oscar Fuertes Dopico, profesor doctor arquitecto da Universidade da Coruña. Presentarannos o proxecto SEALabHaus no que están a traballar. SEALabHaus creará un Laboratorio inspirado na Nova Bauhaus Atlántica para un turismo azul sostible, inclusivo e fermoso, e para o patrimonio e a cultura do mar.

Europa fala e actúa para poñer en marcha un turismo intelixente, innovador, sustentable no que a tecnoloxía e a dixitalización son imprescindible pero tamén o son a correcta planificación do fenómeno turístico que se faga a través da gobernanza e a calidade de vida.

Unha produción de EMUGA, Emisoras Municipais Galegas, no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REXIO da Comisión Europea.