Revalorizar o ecosistema mariño

Programa: 
Onda ODS

O Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas é un espazo de encontro para a cidadanía e visitantes arredor da cultura mariñeira e a riqueza natural e paisaxística do territorio relacionada co medio mariño. É o primeiro destas características que se crea en Galicia. A protección dos ecosistemas mariños é un dos seus principais obxectivos.