RUMBOIA 113: Abertal – 2001

Programa: 
Rumboia

Abertal é unha agrupación formada por alumnado das Escolas de Música e Baila Tradicional de A Rúa de Valdeorras, escolas fundadas no ano 1989 por iniciativa e baixo a dirección de Manoel Anxo Durán Blanco. Un colectivo cultural que tamén conta cunha agrupación coral dirixida, tamén, por Maolo Durán. No ano 2001 publicou o seu primeiro CD baixo o título Abertal e en 2009 saíu á luz o seu segundo disco, «No Forum Gigurrorum», que serviu, en aquel ano, para conmemorar o 20 aniversario de Abertal. No ano 2019 cumpriuse o XXX aniversario de Abertal e presentouse o libro disco Co Noso Acento, que rememora os últimos 30 anos de historia desta agrupación do sur de Ourense.