ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ludovaina é un cuarteto tradicional de música do país. Alá en Decembro do ano 2003 comezan a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi alí onde decidron seguir adiante co grupo e onde se fixeron realmente gaiteiros. O estilo de Ludovaina é o tradicional, ainda que no seu repertorio atopamos temas propios compostos actualmente. É un cuarteto que sempre procura manter o estilo, o sabor,... ou como eles din, a esencia dos vellos gaiteiros.
Tras varios cambios nos compoñentes do grupo, no 2013 lanzan o seu primeiro traballo "Bicos, abrasos e apalpasos". Trátase dun "fármaco musical" co que pretenden chamar a atención de ouvintes doutros estilos musicais e dar un aire novo á música tradicional galega.