RUMBOIA 132 : Agustín Sánchez – Pezas de aquí e acolá – 2012

Programa: 
Rumboia

Agustín Sánchez compaxina as facetas de músico e compositor coa de mestre de música. Titulado en Educación Musical pola USC e posuínte do Título Profesional de Gaita Galega, conta cunha ampla experiencia no eido da música tradicional, tendo participado como gaiteiro en importantes festivais internacionais e acadando importantes galardóns da música tradicional.

Pezas de aquí e acolá” é o título do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Partindo sempre da tradición do seu lugar de orixe, Galiza, Agustín introduce algúns dos ritmos e xéneros más representativos do novo continente, achegándonos a países como Arxentina, Venezuela, Cuba ou EE.UU, e empregando unicamente a sonoridade propiciada polas gaitas e a percusión tradicional.