ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Efraím Díaz é un músico lucense Titulado Superior de Percusión e Titulado Profesional de Gaita. Como músico percusionista formou parte de diversas agrupacións e exerceu o seu labor docente en diversas Escolas de Música. Actualmente é solista de percusión na Banda Municipal de Música do Concello de Lugo e profesor de diversas materias na Escola Municipal de Música desta mesma cidade e dende o ano 2016 é membro fundador e presidente do Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril.
No ano 2015 editou o seu segundo disco coma solista, o disco “Pito Galego”, froito dun amplo traballo de investigación e onde se poden escoitar 19 temas sobre este instrumento en diferentes estilos musicais.
O Pito é un instrumento tradicional galego, un tipo de frauta que ten unha dixitación e unha afinación similar á da gaita e que estivo a piques de desaparecer, foi un instrumento de pasatempo pastoril, pero pouco a pouco foi acadando unha perfección que lle confire dúas octavas cromáticas, ideal para tocar só, acompañando a voz, con percusións, zanfonas, requintas ou mesmo con gaitas.
Este traballo discográfico amósanos a versatilidade deste instrumento e mostra os variados recursos interpretativos do pito, podendo escoitar temas da tradición galega pero tamén da irlandesa ou da armenia, pasando por composicións medievais e barrocas ata chegar a pezas de composición propia.