RUMBOIA 138 – Orquestra de Jazz de Galicia – FAME (2015)(13:36)

Programa: 
Rumboia

A Orquestra de Jazz de Galicia está dirixida por Pedro Lamas e Roberto Somoza e reúne a algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no eido do jazz, a música sinfónica e a música tradicional co cometido de explorar o diálogo posible entre a música tradicional de Galicia e a música improvisada contemporánea.

No ano 2015 a Orquestra de Jazz de Galicia lanza o seu traballo discográfico FAME, unha gravación ao vivo no Auditorio de Galicia. Efectivamente, Galicia ten fame. Unha fame interpretada en positivo, unha arela por situarse no mundo, un desexo irrefreable de comunicar alén das nosas fronteiras un xeito de entender a música que, para nós, é natural e que supón unha oportunidade histórica para establecer un diálogo con outras culturas.