RUMBOIA 140 – Pandeiromus – En Conserva - 1999

Programa: 
Rumboia

O grupo Pandeiromus, da os seus primeiros pasos en 1992, e dende aquela dedicouse a percorrer Galicia escoitando historias, retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a nosa tradición musical.

Desde sempre, os membros de Pandeiromus, sentíronse atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que atraían o seu ánimo. No ano 1999 ve a luz o seu traballo discográfico en conserva, un disco onde o grupo canta ao vivo, acompañados por instrumentos de percusións  como pandeiretas, pandeiros e distintos  obxectos como latas de carburo ou de pementón...

Con todo o material recollido e traballado ao longo dos anos, o grupo Pandeiromus  foi conformando un amplo repertorio que amosa en cada un dos seus discos e concertos, nos que podemos coñecer o seu talento vocal e instrumental.