RUMBOIA 141 – Mercedes Peón – Isué - 2000 (12,48)

Programa: 
Rumboia

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é unha das artistas máis innovadoras do folk galego e europeo, e está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual.  Dende moi nova, percorreu as aldeas e pobos máis recónditos de Galicia nunha incansable tarefa de recompilación dos cantos, a música, os bailes e as tradicións do pobo galego co obxectivo de transmitilo, despois, ás novas xeracións. Despois de profundizar durante 25 anos na tradición galega, Mercedes Peón gravou no ano 2000 o seu primeiro traballo como Solista, “Isué”, no que contou coas colaboracións de importantes artistas galegos como Xosé Manuel Budiño e Anxo Pintos. Neste primeiro disco Mercedes Peón mesturou a tradición das gaitas e a percusión coa súa poderosa voz, cun ton tan enérxico e forte que se converteu na identidade desta gran artista.