RUMBOIA 143: DeQuenVesSendo – O Canto da Xacia - 2020 (16:26)

Programa: 
Rumboia

Dequenvessendo é un grupo de música galega que naceu en 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baseado en cuartetos de música tradicional. Ao principio estaba composto por Bieito Romero Diéguez, Miguel Ocampo Bermúdez e os irmáns Miguel e Pablo Rosales Reboiras. Pouco a pouco comezan a introducirse no folk inspirado no xeito de facer música de grupos míticos enmarcados no folk celta atlántico. O seu primeiro disco verá a luz no ano 2.020 co título de O Canto da Xacia e a composición do grupo, nese momento, é a seguinte: BIEITO ROMERO DIÉGUEZ (Coruña 1998): Gaita e flauta travesera. IRENE CERQUEIRO ESPINOSA (Coruña 1998): Voz, flauta travesera e teclado. PABLO ROSALES REBOIRAS (Coruña 1998): Whistle, zanfona e gaitas. JORGE SALGADO BECEIRO (Cedeira 1994): Guitarras e Bouzouki. MIGUEL OCAMPO BERMÚDEZ (Coruña 1999): Percusión. MIGUEL ROSALES REBOIRAS (Coruña 1986): Acordeón diatónico e Teclado