Rumboia 145 – Tango en Xaneiro – Meu Pitiño (2016) (10.47)

Programa: 
Rumboia

O grupo Tango en Xaneiro nace en Meira, cando toda a comarca meirega loitaba por conseguir o merecido recoñecemento das Letras Galegas para Avelino Díaz, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento. Unidos por esta causa, os compoñentes confluíron no berce do Miño dando lugar a Tango en Xaneiro.

Os compoñentes do grupo son Xose Ramón Saborido no clarinete baixo, Marisa da Pereira ao acordeón, Bruno Villamor na gaita, requinta e zanfona e Patricia Coucheiro na voz.

Catro fontes de harmonía que dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.

No ano 2016 publicaron un CD de presentación chamado Meu Pitiño que inclúe dúas pezas: “Tango en Xaneiro” e “Meu Pitiño”.