ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Comando Curuxás nace alá polo ano 2017, cando tres amigos músicos comezan a darlle voltas á idea de formar unha nova banda. A intención era poñer en marcha unha murga, cun punto de modernidade, con armonías e arranxos actuais.
E desas ideas iniciais naceu o grupo Comando Curuxás, que está formado por Alberto Núñez ao acordeón diatónico, Pablo Pardo «Pacior» na frauta traveseira de madeira e saxo soprano, Miguel Anxo López nas percusións, Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro gaita e voz.
O son de Comando Curuxás lembra ás antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile.
No entroido do ano 2020 os cinco integrantes de Comando Curuxás decidiron darlle vida ao seu primeiro traballo discográfico.