Rumboia 152 – Tres Pesos – De cando os animais cantaban (2020)(13:10)

Programa: 
Rumboia

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos.

Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, con centos de horas sobre o escenario e miles fóra del, soñando coa nosa música, coa nosa tradición.

Nesta Rumboia presentamos o seu segundo traballo discográfico, 'De cando os animais cantaban'. Un disco que pretende ser unha reivindicación da actualidade de música tradicional e no que se inclúen unha ducia de pezas que amosan a forza rítmica desta música.

Mais de 40 minutos nos que Tres Pesos inclúen pandeiros, pandeiras, bombos, pandeiretas ou culleres ás que acompañan do acordeón, o clarinete e a gaita.