Rumboia 156 – BONOVO - (2008) (14.26)

Programa: 
Rumboia

bOnOvO  é un grupo galego, autodenominado de folk electroacústico, que comezou a súa andaina no ano 2007 como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. Os integrantes de bOnOvO son:Pulpiño Viascón,

Roberto Grandal e Óscar Fernández.

A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes como a zanfona, o acordeón e a batería. Un camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíble.

Co seu álbum debut homónimo, o trío bOnOvO presenta unha importante actualización do son galego no que os ritmos e a produción bailables están absolutamente actualizados, mentres que as cancións volven ao pasado como poucas veces. Mesmo se usan melodías do século XV. bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailable, que non deixa a ninguén indiferente.