ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Rosales foi un grupo de música tradicional galega, creado en Asados (Rianxo) na década dos 50. Foi fundado por Xosé Romero, que adicou toda a súa vida á música tradicional, non so compoñendo e tocando, se non tamén cunha grande bagaxe didáctica, na que implicou dende un principio a toda a súa familia, comezando pola súa inseparable Maruxa Miguéns. Xuntos percorreron, escenarios, torreiros, procesións e alboradas de todo o noso país. Foron pioneiros e precursores á hora de integrar á unha muller no cuarteto, sen dúbida, algo excepcional na época.
No grupo Os Rosales, Maruxa facía o labor de presentar as pezas, cantar e tocar varios instrumentos de percusión, e desempeñou esa labor dun xeito maxistral, chegando a cobrar un grande protagonismo nas súas actuacións. E se falamos de que Maruxa se converteu nunha peza clave para o grupo, non podemos deixar atrás aos fillos, que compartiron a paixón pola música tradicional transmitida polos seus pais. Xuntos converteron Os Rosales nun grupo basicamente familiar que xamais deixaría de evolucionar, chegando a ser un dos cuartetos máis admirados na contorna.