Rumboia 164 – Bagoa de Raíña – En augas de Ortigueira (1998)(14.06)

Programa: 
Rumboia

Bagoa de Raíña foi un grupo galego de música folk, formado en ortigueira no ano 1995. Unha formación que sempre estivo moi vencellada ao Festival de Ortigueira, nos inicios, cando os membros de Bagoa da Raíña estaban na Escola de Gaitas, colaboraron na organización das primeiras edicións do festival, e posteriormente o grupo formou parte do cartel do festival en 3 edicións.

No ano 1998 publicou o seu 1º disco, “En augas de Ortigueira”; cun estilo que encaixa perfectamente coa denominada música celta. Os membros de Bagoa de Raíña sempre protexeron as raíces sonoras tradicionais das que procedían, e foron unha das bandas con mais querencia polo ritmo que existiron no pais nos anos 90.