Rumboia 165 – Talabarte – Fake (2016)(13.10)

Programa: 
Rumboia

Neste proxecto únense tres indispensables da escena musical galega: o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García.  tres grandes músicos que tras pasar anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, deciden aló polo ano 2004 poñer a andar seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporalidade, aventura, surrealismo, gastronomía...

 

Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, recibiron grandes eloxios de crítica e público, levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Serbia... Posteriormente no ano 2016,  publican o traballo Fake; este traballo foi Premio Martín Códax 2017 na categoría de Músicas do Mundo e  Premio Opinión da Música de Raíz 2017 ao Mellor Álbum. Fake bebe da tradición europea de ritmos bailables. Contemporaneidade e tradición xuntas nun directo orixinal e impactante. Imposible acougar os pés e non deixar voar os sentidos con Talabarte.