Rumboia 171 – Spiritu 986 – A Sombra do Lobo (2001)(15:17)

Programa: 
Rumboia

O gaiteiro Anxo Lorenzo, xunto con Pedro González e Carlos Mariño formaron o grupo Spiritu 986.O primeiro disco desta formación, "A Sombra do Lobo" saíu ao mercado en 2001, conseguindo o unánime eloxio da crítica pola perfecta fusión entre tradición e modernidade, unindo o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía. Spiritu 986 fusionou a gaita con música electrónica, co que conseguiu arrincar o son máis bailable e tecnificado das raíces do folk galego.

O grupo vigués,  Spiritu 986  irrompeu con forza no ano 2001 no panorama da World music  co seu primeiro traballo, “A Sombra do Lobo” un álbum que contou con colaboracións como a de Anubía nas voces, a guitarra de Cuchús Pimentel ou a percusión de Pandeiromus entre outros.