Rumboia 173: Nova Galega de Danza (músicos) – Alento (2005)

Programa: 
Rumboia

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal. Esta compañía comezou a súa traxectoria en maio do 2003 coa estrea de ALENTO, o seu primeiro espectáculo. O desexado proxecto dos directores artísticos e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz, xunto co músico e compositor Xosé Lois Romero, vía por fin a luz despois de varios anos de traballo na sombra.

A edición en CD a finais do ano 2005 das músicas do espectáculo Alento obtivo o Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano, a distinción de Mellor Disco de Folk do ano 2005 para revísta Efe- eme (nº 75) e a candidatura aos premios da Academia da Música no apartado de Mellor Canción en Gallego.