Rumboia 174: Xabier Blanco – A Gaita de Cana de Moaña (2001)(12.45)

Programa: 
Rumboia

Xabier Blanco Nogueira é un músico de Moaña, mestre gaiteiro, artesán e un grande investigador. A súa dedicación profesional está repartida entre o ensino, a investigación, a recolleita e a catalogación, tanto de instrumentos como de pezas musicais. Foi distinguido Mestre da Memoria pola AELG no ano 2014.

É tan grade a súa labor como investigador que Xabier Blanco reúne unha colección de mais de 2.000 pezas, entre as que destacan mais de 800 instrumentos en perigo de ser esquecidos na tradición. Tamén ten un extensísimo arquivo con mais de 50.000 documentos nos que se atopan dende pezas e xéneros perdidos ata técnicas referidas á artesanía dos instrumentos.