Rumboia 177: Xacarandaina – Xacarandaina (1990) (09.25)

Programa: 
Rumboia

Grupo de Música e de Bailes Tradicionais Xacarandaina formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña. O seu obxectivo fundamental é a investigación e a interpretación do folclore do xeito máis fiel posible de como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido coa realidade. Pretende, polo tanto, ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.

Para conseguir o seu obxectivo, Xacarandaina tense desprazado polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo traballo de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor, o grupo ten recollidos e montados ó redor de 150 bailes e outras tantas pezas de música. Tamén ten na súa traxectoria un disco gravado en 1990 con temas recollidos polo grupo.