Rumboia 178: O Fiadeiro (13.29)

Programa: 
Rumboia

Dende o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (ACF O Fiadeiro)  vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros, nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo.

Buscando que esta tradición sexa proxectada a un amplo público, O Fiadeiro ofrece diversos espectáculos nos que transmite, o máis fielmente posible, as melodías, os cantos e os bailes tradicionais da nosa cultura, tentando dotar a cada interpretación dun interesante grao didáctico e vinculando cada unha aos usos e costumes tradicionais do noso pobo, sen renunciar a unha escenografía de grande forza e beleza estética.