Rumboia 179 - Xurxo Jachía – Ácido Folclórico (2016) (12.30)

Programa: 
Rumboia

Xurxo García, máis coñecido como XurxoJachía é, gaiteiro, músico e profesor. Naceu en Comesaña (Vigo) e iniciouse no mundo da gaita cando era un rapaz da man do seu mestre Juan Troncoso, posteriromente continuou a súa formación con outros mestres como Secundino Pérez Sanromán e con Nazario González “Moxenas”.

Xurxo Jachía leva percorrido unha morea de lugares como mestre de gaita e percusión. Dirixe e dirixiu numerosas escolas, grupos e bandas de gaitas, e actualmente, entre outros, é o director de GaitaCía Ácido Folclórico, un grupo de compañeiros e amigos que fixeron posible o traballo que hoxe presentamos, Ácido Folclórico, que foi gravado en vivo, sen arranxos nen atavíos.

Neste traballo  presentanse 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro de San Andrés de Comesaña e o seu grupo GaitaCia. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.