Rumboia 183 – Mónica de Nut e Luis Martíns – Raices Aereas (2016)

Programa: 
Rumboia

O dúo formado por Mónica de nut, na voz, e Luís Martíns, nas arpas celtas acústica e eléctrica, presentaron no ano  2016 o traballo discográfico RAÍCES AÉREAS. Estas “Raíces Aéreas”, musicais, están inspiradas nos cantos tradicionais recollidos a mulleres nos anos 50, cantos crus, vitais e poderosos, que nos conectan  á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Con moitísimo respecto cara a este material, recrean esa herdanza aportando as súas ás, mediante a voz e a arpa, con expresiva sonoridade acústica tradicional e con sons experimentais electrónicos e improvisacións.

A vocalista Mónica de Nut aliouse nesta ocasión co harpista Luís Martíns para realizar un traballo no que os aires de raíz se mesturan con tratamentos contemporáneos. Toques eléctricos, percusións anovadoras, atmósferas envolventes e, un destacado traballo vocal combínanse coas colaboracións de Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros.