Rumboia 184– Airiños de Fene - Identidade (2002)

Programa: 
Rumboia

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” nace no ano 1987. Dende os seus inicios a Banda tiña e ten como obxectivo primordial a recuperación, transmisión e difusión da nosa música tradicional, usando sempre instrumentos tradicionais.

Ademais da Banda de Gaitas, Airiños de Fene conta cun Grupo de Baile “Cambadela”, dous grupos de Cantareiras “Xerfa” e "Xirifeiras" e un coro de voces mixtas “TradiCoro”. E non podemos esquecer unha parte moi importante da agrupación como son as súas escolas, pensadas para aprenderlle ás novas xeracións o mundo máxico do noso canto, o noso baile e a nosa música tradicional.

Dende a súa fundación, “Airiños de Fene”, organiza tódolos anos unha Xuntanza de Gaiteiros onde distintos grupos, bandas ou músicos dan a coñecer, o mellor do seu repertorio, así como o intercambio de proxectos e ideas para potenciar as nosas tradicións e darlle pulo ó uso dos nosos instrumentos tradicionais.