Rumboia 185 – Os Chavellos – Os Chavellos (2016) (14.38)

Programa: 
Rumboia

Os Chavellos son un grupo de música tradicional de Pereiras (Mos), composto por músicos procedentes de diferentes estilos. Presentan un espectáculo fresco, dinámico e vangardista cun profundo respecto á tradición oral da nosa terra, xa que logo o repertorio que propoñen é 100% galego, e en galego.

Cun claro sabor atlántico, tanto as reinterpretacións de temas senlleiros da tradición galega, coma as composicións contemporáneas levan o selo inconfundible de catro figuras salientables no eido da música tradicional dos últimos vinte anos: Juan Eiras, Salvador Pardo, David Barciela e José Mojy.

Cunha sonoridade redonda e uns arranxos que destacan polo seu refinamento,o principal sinal de identidade dos Chavellos é o amor e o respecto pola música tradicional.