Rumboia 186 – Galicia Fiddle Orquestra – Acorle (2018)(12.41

Programa: 
Rumboia

A asociación Galicia Fiddle ten como obxectivo promover o emprego dos instrumentos de corda na música tradicional galega, principalmente o violín folk. Naceu entre Vigo e Xustáns, grazas a paixón e a dedicación de Alfonso Franco, que aglutinou ao seu redor a un grupo de profesores e alumnos da Etrad, Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo.

A principal actividade da asociación é a de organizar cursos cos mellores mestres de todo o mundo, así como a organización do campamento de verán San Simón Fiddle destinado aos nenos e que ten como obxectivo crear en Galicia unha nova xeración de violinistas e chelistas que toquen música popular: folk, rock, blues, jazz etc. De estos campamentos naceu a Orquestra Galicia Fiddle composta por máis de 30 rapaces, procedentes na súa maioría do sur de Pontevedra, que tocan violín, violonchelo e guitarra, e que na compaña dos seus mestres forman unha agrupación de corda de música popular galega que gravou no ano 2018 o traballo discográfico Acorle.