Rumboia 188 – Lagharteiras – Lagharteiras (2015) (13,33)

Programa: 
Rumboia

O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2007 en Vigo, co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.

Dende a súa orixe está composto por mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado a dignificar e dar o valor que lle é de seu ó noso patrimonio cultural.

O grupo ten como obxectivo principal afondar nas raíces da nosa música e da nosa cultura para extraer o legado cultural que durante séculos e xeración foise transmitindo ata chegar ó nosos días, e cuxo obxectivo final vai encamiñado a divulgación dese traballo mantendo a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

É no ano 2015 cando presentan o seu primeiro disco “Lagharteiras”, froito de 7 anos de recuperación e investigación da música de raíz galega. Con este traballo pretenderon amosar o traballo realizado durante os anos de existencia da agrupación.

Son arredor dunha trintena de  premios os que avalan tanto a súa traxectoria no mundo da música como a súa laboura  de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.