ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Orquestra Os Modernos nace no ano 2010 da man de Alonso Caxade, Lois Mouriño, Joám Casas, Xosé Tunhas, Carlos Osorio e Manolo Guldrís coa intención de imaxinar como podería ter sido un estilo de música que xuntara a música tradicional, a música propia das bandas populares e as músicas foráneas que estaban de moda nos anos 20.
O resultado foi unha orquestina na que os instrumentos que soaban eran o bombardino, o saxofón, o clarinete, a gaita, a caixa e o bombo con pratos. E as músicas que se escoitaban, todas elas de carácter bailable iban desde muinheiras , xotas e pasodobres ata ritmos foráneos coma o foxtrot, a rumba, o charleston ou a habanera, todo elo con grandes pinceladas de humor e interacción co público.
No ano 2012 sumouse a esta Orquestra a voz e a interpretación de Iria Pinheiro, no papel de cantante e diva glamurosa, engadindo ao apartado musical grandes doses de espectáculo cabareteiro e humor.
Posteriormente o grupo sufre varios cambios na súa formación, que inflúen notablemente no son e no estilo dos Modernos. Con esta nova formación gravan no ano 2015 o que sería o seu único traballo discográfico, o disco chamado Dissimulem, no que se recollen as músicas que ata de aquela a Orquestra levaba interpretando por diversos escenarios de toda Galiza.
No ano 2016 a Orquestra Os Modernos recibe o Premio Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e música de verbena, o que supón un importante galardón á súa contribución á música de baile con raíz tradicional.