Rumboia 191 – Os Escarabellos – Música da Terra (2019) (13.01)

Programa: 
Rumboia

Os camiños da vida e da música tradicional xuntaron a Os escaravellos en maio do 2017 para ir tocar ó serán de Sabarís, Baiona, e dende aquela decidiron continuar xuntos e  traballar para ter a súa presentación oficial xa en setembro do mesmo ano.

Dende aquela, non deixaron de compoñer melodías, tocar e cantar, facendo aquelo que máis lles gusta. Os Escarabellos está formado por Ana Abalde, Belén Bravo, Pili Fernández, Leni Pérez e Quique Freiría, e teñen a súa sede en Beade, Vigo.

A maior parte do repertorio de escaravellos é de composición propia, pero sempre buscando inspiración e bebendo das fontes da nosa prezada e rica música tradicional do país.

Tocan gaitas, percusións e cantan, facendo xotas, muiñeiras, pasodobres, alalás…

O seu 1º traballo “Música da terra” (2019) ten toda a frescura das primeiras melodías que os uniron  e agardan poder chegar con elas a cada recuncho da nosa terra e facelas soar en romarías, festas e xuntanzas.