Rumboia 193 – “Airiños Novos de Pinzás” - “O buraco dos mouros”(2014)(13.23)

Programa: 
Rumboia

O grupo de gaitas e treboada “Airiños Novos de Pinzás” naceu no seo da Asociación Veciñal e Cultural de Pinzás, en Tomiño, Pontevedra.

As orixes deste grupo remóntanse ao 2002, ano no que se constitúe esta agrupación co fin de promover e fomentar actividades sociais, culturais e de lecer tradicionais galegas para todos os públicos, así como para manter viva a relación entre os veciños de Pinzás.

O disco “O buraco dos mouros”, foi gravado en 2013, e o seu nome responde o topónimo dunha das zonas do monte de Pinzás, na Serra da Groba, onde os romanos extraían ouro hai máis de 1.900 anos. Este disco conta cun repertorio composto por música tradicional, interpretada sempre en galego.