ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo ourensán Brañas Folk nace no ano 2002, un proxecto musical liderado liderado por Manuel Brañas despois da súa longa andaina coa célebre agrupación Arco da Vella, partícipe, xunto aos grandes nomes da música galega, do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.
No ano 2004 viu a luz o seu primeiro traballo discográfico “Camiñante” e no 2009 pasaron de novo polo estudio de gravación, para sacar ao mercado o seu segundo traballo discográfico, “Alalá do Cebreiro”, todo un desplegue de variedade, un disco para todos os públicos composto por obras do máis puro sabor tradicional e outras de autor, e no que tamén se atopan musicalizacións de letras dos nosos grandes, coma Rosalía ou Cabanillas. O resultado foi un disco que contén o folk entendido do xeito máis tradicional no que tampouco se esquecen pezas con ritmos foráneos que xa forman parte do noso sentir musical.
A súa terceira aportación discográfica "Danza das Burgas" inclúe 12 temas, instrumentais e cantados, que combinan os sons tradicionais co desfrute de arranxos que actualizan ritmos e melodías para situalas no panorama do folk galego máis renovado.