Rumboia 203 – Trasmundi – Raianos (2001) (15.00)

Programa: 
Rumboia

O grupo"Trasmundi" constitúese no ano 1998 froito da unión de tres músicos: Moisés Quintas - frautas, guitarra, mandolina e gaita, Rosa Gayoso -violín, zanfona e voz e Xosé Manuel Fernández- piano teclados e acordeón. Os tres profesores de Música e proveñentes de distintas formacións tanto folk como clásicas. Xuntos perfilan unha idea musical na percura dun son acústico e elaborado, con temas propios, sen encadrarse en ningún estilo e sen concesións comerciais.

O seu primeiro disco, “Raianos”, poderiase definir como folk clasico, tendo en conta a pureza dos seus timbres, e o achegamento a unha instrumentación moi limpa, de brillos acústicos ademais da formación clásica dos seus compoñentes. Un proxecto conxunto de estos tres músicos que apostaron por esta idea global na que están interrelacionadas tamén a maquetación, as ilustracións, fotografía e os textos.