Rumboia 204 – VerdeGaio – Repenicoque na Pedra (2008)(12.49)

Programa: 
Rumboia

O dúo Verdegaio nace no ano 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Verdegaio compóñeno Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso (gaitas e acordeón cromático). Ambos, ligados a música tradicional dende hai moitos anos, teñen viaxado coa súa música por toda a xeografía galega, ademais de Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos donde participan en diferentes festivais e imparten cursos de repertorio tradicional galego.

No ano 2008 Verdegaio sacou o seu primeiro traballo discográfico titulado «Repenicoque na Pedra» que recolle unha selección de temas tradicionais galegos , muiñeiras, alboradas, polcas, xotas, valses,… interpretados a maioría das veces cunha base de gaita e acordeón e co que homenaxean aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia.